Tuesday 07 de May de 2024

O espectáculo Xentes do mar retrásase ás 22.30 horas do 10 de xullo


Ante a previsión de altas temperaturas para o 10 de xullo, o espectáculo Xentes do mar, a cargo de Eiradela, retrásase para as 22.30 horas, no Cantón da Leña.

Ao abeiro da programación da Semana do Mar, esta actuación une o folclore galego coa narración dos oficios, tradición e costumes de finais do século XIX e principios do XX que serán ilustrados por proxeccións nas paredes exteriores do Museo Valle-Inclán.

Organiza a Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).